No interior da provincia de Pontevedra, a 30 km da capital, está o Centro de Maiores de Cerdedo-Cotobade. Preto de nós, temos un conxunto composto por nove hórreos que son patrimonio cultural na “Eira da Pena”. Éste é un lugar de paso obrigado para os camiñantes que desexen facer a “Ruta das Pontes do Lérez”. Sobre o río Castro, afluente do Lérez, érguese a Ponte de San Antón, construcción medieval que unía mosteiros. Xunto con moitos sendeiros para os amantes da natureza. Estamos nun marco incomparable! Temos unhas fermosas vistas deste contorno que nos rodea grazas ás fiestras do comedor e da sala de actividades. As nosas maiores reciben uns coidados e un trato cercano, co mesmo agarimo que elas amosan tamén ás traballadoras. Desfrutan das festas populares coma a festa do maior e o entroido, xunto cos rapaces e rapazas do colexio. E tamén desfrutamos cos maios, o Nadal, o San Xoan... E encántannos as saídas e excursións. Gustamos de pasalo ben! Somos un centro pequeno e familiar no corazón da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, antiga “Terra de canteiros”. Resulta gratificante cando os maiores, que volven dunha saída longa ou dunha estancia no hospital, din que estaban desexando voltar á casa. É dicir, somos un auténtico Fogar para eles!